O IES 1 celebra o Día da Ciencia en galego cun taller de creación
Ciencia
04 Nov 2011. Actualizado a las 06:00 h.
O IES 1 da Estrada celebra hoxe o segundo Día da Ciencia en galego, que este ano se adica á muller na ciencia, en especial á química e a Marie Curie, e á matemática galega María Wonenburger. A sesión no instituto estradense consistirá, logo do tratamento biográfico das dúas científicas, nun taller de creación e comunicación en base a textos elaborados polo alumnado, referido a liñas temáticas como «elas obteñen moléculas poderosas de multiplicar bens a toda velocidade» ou «o poder da química e a química do poder», entre outras.
Na biblioteca
Este taller realizarase na biblioteca do centro coa colaboración do equipo de normalización lingüística do IES, e levarano a cabo o alumnado de primeiro e segundo da ESO. Dentro o instituto sinalan que «nesta proposta quérese destacar a interdisciplinariedade das áreas educativas, en especial neste caso de Ciencias Naturais, Coñecemento do Medio e Lingua Galega, no desenvolver e motivar capacidades no alumnado tanto individual como grupalmente», conclúen.