Jesús González Vázquez, presidente do consello regulador de Ternera Galega A crise motivada, hai pouco máis dun ano, pola aparición dos primeiros casos de «vacas tolas» en Galicia, aínda que pareza mentira, pódese considerar superada. O consumo de carne de vacún recuperouse; os prezos, tamén, e cada día hai novas solicitudes de gandeiros que queren integrarse no consello regulador de Ternera Galega. O seu presidente, Jesús Gónzalez Vázquez, non quere cantar victoria aínda, pero recoñece a súa satisfacción polo comportamento do mercado e dos consumidores: «O 2001 foi un ano de transición debido á crise, pero neste exercicio pensamos medrar un 8% con respecto ó ano anterior á crise», asegura.
CRISTINA ABELLEIRA