25 sep 2015
Radio Cos celebra o aniversario entre os seus
Están de aniversario e queren celebralo na súa cidade coa súa xente. Volven ao seu niño, que xa está ben de andar por eses camiños de Europa amosando o seu xeito de entender a música tradicional galega. Son Radio Cos e prometen sorpresas e invitados especiais para festexar o acontecemento como é debido