Xosé Manoel Rodríguez González

Redactor

Redactor

Últimos artículos publicados

15 jul 2002

Iago Seara e Leiro transformarán a praza Otero Pedrayo de Barcelona

Arquitecto e escultor colaborarán para facer do espacio un lugar de encontro para os galegos da cidade O arquitecto Iago Seara e o escultor Paco Leiro traballarán xuntos no proxecto de reforma da praza Otero Pedrayo da cidade de Barcelona. A proposta de Iago Seara quere transformar este espacio nun punto de encontro e de «representación da identidade galega» na capital de Cataluña. Entre as intervencións incluídas no estudio de Iago Seara para esta praza figura a creación dun monumento en homenaxe a Otero Pedrayo, iniciativa na que participará o escultor Paco Leiro.

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ

10 jul 2002

O Museo Municipal de Ourense acollerá unha antolóxica do escultor Ramón Conde

A mostra, aprazada para o primeiro trimestre do 2003, será un repaso polo traballo de trinta anos O Museo Municipal de Ourense acollerá no primeiro trimestre do próximo ano unha mostra antolóxica do escultor ourensán Ramón Conde. O proxecto xa se debería ter desenvolvido, aínda que desde a entidade promotora desta iniciativa se acordou aprazar a exposición do escultor para o vindeiro ano. A mostra que poderán ver os ourensáns ofrecerá no Museo Municipal un repaso polas diferentes etapas e expresións de Ramón Conde ó longo de máis de trinta anos, desde a súa primeira mostra en 1971.

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ

21 jun 2002

Miguel Anxo Fernández gaña o García Barros de novela que convoca A Estrada

O xurado salientou de «Un nicho para Marilyn», a obra premiada, o seu humor e ironía O xurado do García Barros de novela concedeu o premio deste ano ó investigador e crítico de cine Miguel Anxo Fernández Fernández. O autor consegue este galardón, dotado con 9015 euros, a escasos días de presentar «As imaxes de Carlos Velo» -premio Sempre en Galiza do Concello de Pontevedra- e cando está a piques de saír «O sabre do francés» en Galaxia.

XOSÉ MANOEL RODRÏGUEZ