03 dic 2001
«Ourense sempre está na miña obra»
Árturo Lezcano, autor do libro de relatos «Só os mortos soterran os seus mortos» O xornalista e escritor ourensano Arturo Lezcano está a presentar estos días por Galicia o seu último traballo: o libro de relatos «Só os mortos soterran os seus mortos» (Editorial Galaxia, 2001). Doce relatos que se enmarcan na narrativa fantástica e que lle teñen valido ó seu autor unha boa acollida por parte da crítica, con referentes á sinxeleza narrativa, ós diferentes xéneros empregados -desde o xornalístico á relectura histórica-, á desbordante imaxinación do autor ou á influencia de Poe e Lovecraft.