Nicolás González, eurodeputado: «Non queremos que a emerxencia climática quede en algo simbólico»

Raúl Romar García
r. romar REDACCIÓN / LA VOZ

ACTUALIDAD

P.E.

Defenderá en Madrid a proposta do Europarlamento de reducir as emisións nun 55 % cara ao ano 2030

03 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Nicolás González Casares (Lalín, 1972) é o único eurodeputado galego que representará ao Parlamento Europeo no cumio do clima de Madrid (COP 25), que se inaugurou onte, aínda que a delegación da que forma parte non participará nas reunións ata o luns da semana que vén. Farao na súa calidade de titular na comisión de Enerxía e Industria, e de suplente na de Medio Ambiente. «Temos -di- un programa moi intenso, con dez ou doce reunións bilaterais cada día».

-O Parlamento Europeo aprobou a declaración de emerxencia climática en Europa. A resolución é simbólica ou ten contido real?

-É certo que ten unha parte de simbolismo, pero queremos que ese simbolismo non quede en algo baleiro. Non só se aprobou a declaración de emerxencia climática, senón que tamén se adoptou unha resolución do Europarlamento, que é a posición que imos defender na COP 25, e que pasa pola redución de emisións de efecto invernadoiro nun 55 % para o ano 2030 con respecto aos valores de 1990, e alcanzar a neutralidade climática no 2050. Deixamos claro que Europa está comprometida nesta transición ecolóxica.

-Esta proposta ten que ser aprobada polo Consello de Ministros da UE a próxima semana, e existe o risco de que poida ser bloqueada por algúns dos países exportadores de carbón. Como está a cousa?

-É certo que falta a ratificación por parte do Consello de Ministros, pero nós temos claro que a maioría dos países da UE pensan que o obxectivo de redución de emisións nun 55 % é absolutamente necesario, e confío en que a proposta non se bloquee. Se algún país o fai, vaino ter moi difícil para defender a súa postura.

-España está entre os países que defenden a redución.

-Si, ten unha postura moi clara. Pero non é algo que apoie só o Goberno ou o PSOE, senón que ten o apoio de todos os grupos. Pensamos que é un obxectivo factible para o global de Europa.

-Esta transición cara á descarbonización non será fácil. Será posible? Esixirá un gran sacrificio por parte de todos?

-Esa é a pregunta do millón. Non só haberá que facer unha transición ecolóxica e enerxética, senón que esta ten que ser xusta. Hai xente que terá en perigo os seus traballos e que terá que cambiar a súa actividade. Pero tamén é verdade que se abrirá unha oportunidade de novos empregos, e Europa ten a opción de exercer o liderado deste campo no mundo. Pode haber novas oportunidades de mercado e negocio, non só no campo da enerxía, senón tamén da mobilidade. É certo que haberá custos, polo que temos que traballar para amortecelos. E é algo que en Galicia estamos vendo.

-Haberá un Fondo de Transición Xusta de miles de millóns. De onde virán os cartos?

-Neste Parlamento non imos permitir que o Fondo de Transición Xusta se quite doutros, como o de Política Rexional ou o da PAC. Ten que ser un fondo á parte. Tamén se está a falar de crear un Banco Climático Europeo.

-Frear o cambio climático é unha cuestión de supervivencia?

-Eu creo que si, que é unha cuestión de supervivencia. Obviamente non vai vir unha apocalipse que vaia rematar mañá co planeta, pero si que é certo, segundo nos avisan os científicos, que se as temperaturas do planeta se superan en dous graos os danos van crecer de forma exponencial. O último informe do IPCC di que o escenario que se abre a partir dos dous graos pode ser moi catastrófico.

-Cos compromisos que hai agora por riba da mesa pódense superar incluso os tres graos.

-Si. A día de hoxe, se non actuamos, imos ir moi por riba dos dous graos. Camiñamos cara a un aumento da temperatura de tres graos, o cal sería devastador.

-Nunca antes se viu unha presión tan grande da sociedade antes dun cumio para esixir acordos ambiciosos. Terémolos?

-A verdade é que hai unha gran presión, pero non só na rúa e por parte da xente nova, senón tamén da parte política de diferentes puntos do globo. Hai moito foco neste cumio, máis do esperado, polo que creo que algo importante vai saír. Pero non esquezamos cal é o obxectivo clave, que é desenvolver o artigo 6 do Acordo de París, o que establece a creación dun mercado de carbono. E logo tamén vai ser moi importante decidir como incluír o sector do transporte neste mercado de dióxido de carbono. O artigo 6 é a nai de todo o encaixe do Acordo de París.

Inversiones multimillonarias para la transición verde

La nueva Comisión Europea ha hecho de la lucha contra el cambio climático su principal promesa política. Cumplirla requerirá inversiones millonarias y diseñar una transición ecológica que no dinamite la competitividad de las empresas europeas ni deje en la cuneta a los trabajadores de ciertas regiones.

Ursula von der Leyen, la reciente presidenta del Ejecutivo comunitario, presentará en los próximos días un Pacto Verde Europeo, que propondrá hacer de la Unión Europea el primer continente neutro en emisiones de carbono en el 2050 y elevar del 40 % al 55 % su meta de reducción de emisiones para el 2030 con respecto al nivel de 1990.

Para conseguir el objetivo se recoge la creación de un Fondo de Transición Justa para ayudar a los países con más dependencia de las energías fósiles, la ampliación del Régimen de Comercio de Derechos de Emisión europeo y un Plan de Inversiones Sostenibles. De entrar en vigor, estas medidas conllevará profundos cambios en numerosos sectores, desde la energía al transporte, pasando por la agricultura.

Según los cálculos de Bruselas, para cumplir sus metas climáticas se necesitarían 260.000 millones de euros más en inversiones ecológicas cada año: 125.000 millones en el sector de la vivienda, 71.000 millones para servicios, 34.000 millones para energía o 21.000 millones para transporte, entre otros.

La UE tendrá dos herramientas para lograrlo: el presupuesto plurianual para 2021-2027, del que la Comisión quiere destinar un 25 % a clima (unos 40.500 millones anuales), y el Banco Europeo de Inversiones (BEI), que se reconvertiría en un banco climático.

La mayoría de los 28 Estados miembros están a favor de lograr la neutralidad climática en 2050, pero hasta ahora el acuerdo ha sido vetado por Polonia, Hungría y República Checa, países que todavía dependen en gran medida de los combustibles fósiles.