Telenovela mexicana

RAMÓN M. VILAR LANDEIRA

RETORNADOS

RADIOGRAFÍAS | O |

24 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ONTE CHAMEI a un amigo. Había un par de meses que non o vía e aproveitei unhas minivacacións para quedar con el. Coñecémonos dende a Facultade e temos pasado anos marabillosos por Compostela. A última vez que estivemos xuntos el acababa de dar un curso de galego para emigrantes retornados e alugara un piso nas aforas de Santiago coa súa compañeira. As cousas non ían demasiado ben, ela rematara a carreira cunhas notas excelentes pero o mercado laboral non estaba para flores. Despois de buscar durante meses, a rapaza conseguiu un traballo no seu polo que lle pagan 300 euros ó mes. As cousas complicábanse porque o aluguer de piso custáballes 240. Pois mentres que falabamos por teléfono deume a boa nova de que atopara un traballo como traductor. O choio consiste na traducción ó galego dunha telenovela mexicana. Estaba contento. Páganlle bastante ben e goza, como bo filólogo, diso de andar mergullado entre as palabras. Despois de quedarmos un día para cear díxome entre gargalladas: «¡Ei, meu¡, ¿como traducirías isto?: hijo de la gran chingada». Discutirémolo diante dun polbo á feira.