«Queremos que a mocidade se explique con imaxes»

La Voz SANTIAGO

RETORNADOS

El cronómetro | Xesús Igrexas Este colectivo selecciona esta semana, no centro sociocultural da Trisca, protagonistas para unha curtametraxe que van rodar en breve en Vite

10 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?esús Igrexas, secretario de Espazo Aberto, é tamén o autor do guión inicial, Puzzle . Consistirá «nunha historia de amor, de crecemento persoal, de maduración, de amizade e de aceptación, con perspectiva da xente moza», explica. -Porque nos parece un lugar ideal, pola pluralidade das suas xentes. Esta historia está protagonizada por Martín e o seu grupo de amigos, e tratamos de dar unha visión en positivo de superación para lograr un fin. A música é orixinal de Octubre 28, un grupo de Vite. Esta semana esperamos conseguir todos os protagonistas na selección que realizamos na Trisca, polas tardes. Tamén temos empresas colaboradoras, e procuramos máis, pois o proxecto é ambicioso. -Espazo Aberto non ten precedentes nesta actividade... -A nosa asociación traballa na educación intercultural e de tempo libre. Este é un vello proxecto, que agora se torna real, e queremos experimentar a comunicación coa imaxe através dunha triloxía. -¿En que consisten os outros dous proxectos? -O segundo será unha historia rural, con fillos de emigrantes retornados que redescobren este país, na procura das súas raízes. E a terceira, de colaboración coa Asociación Galega de Estudios Sociais, tentará redescobrir a Europa através da ollada dunha moza, que busca compañeiros para unha viaxe e iso ofrece ocasión para dialogar sobre a visión que ten a xuventude da realidade europea. Son tres perspectivas diferentes e queremos que a mocidade se explique con imaxes sobre a realidade actual, propiciar esa oportunidade.