Futuro rural

ELÍAS DOMINGUEZ PRIETO

RETORNADOS

TEMAS DEL PAÍS | O |

21 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

ACABAN de sair a luz as fórmulas que o goberno galego pensou para o medio rural orientando o despoboamento hacia as vilas cabeceiras de comarca e a creación de cooperativas e subvencións para radicar a poboación no medio rural. A priori góstanme, descoñecendo os estudios dos que se sacaron as ideas, espero que xurdiran dese estudio serio e riguroso de avaliación de necesidades do medio rural. Crear no rural vivendas para que os que poseen salarios 5,5 veces o salario mínimo interprofesional é unha boa alternativa. Non sabemos si as persoas nesa situación económica ou os inmigrantes e emigrantes retornados desexarán participar. En Navarra estase orientando a poboación inmigrante hacia os cascos históricos das cidades partindo dun estudio dos tres últimos anos. Esperemos que en Galicia teña éxito o plan do medio rural para que Agader poida apuntarse un éxito e para que o noso medio rural non se vexa completamente despoboado e quedando á merced de posibles especuladores que xa se están preparando para unha utilización empresarial latente, de momento.