01 dic 2001
Virxilio Viéitez, Vidal Bolaño e o Recreo Cultural, bastións do galego
A asociación cultural O Brado entregou onte os premios á normalización lingüística Virxilio Viéitez, Vidal Bolaño e o Recreo Cultural da Estrada teñen algo en común. Defenden o galego contra vento e marea e téñeno como protagonista da súa fala cotiá. Isto foi o que lles valeu o premio San Martiño da asociación O Brado. O célebre fotógrafo de Soutelo recolleu este premio con máis emoción que calquera dos que agora lle choven por cada esquina, Vidal Bolaño falou do galego coma lingua teatral e o presidente do Recreo Cultural, Valentín García, brindou o galardón ós socios e á anterior directiva.
REDACCIÓN