08 ago 2001
«Son importantes as concentracións industriais porque traen a innovación»
Juan Rodríguez Yuste, conselleiro O conselleiro de Industria estivo onte en Lendo para comprobar a boa marcha, aínda que con algún retraso, da construcción da nave de Siderúrgica Añón. Esta industria, unha «simbiose» entre Hierros Añón e Cerámica Campo, é para Juan Rodríguez Yuste un exemplo de iniciativa empresarial. Destacou, ademais da riqueza que suporá para o sector do metal, o efecto «arrastre» no resto da economía local. Neste senso, asegurou: «Son importantes as concentracións industriais porque traen a innovación e a tecnoloxía».