Laracha pode vir da síntese de Leira Ancha, igual que de Paio Sancto temos Paisaco A nosa mente galega crea con facilidade topónimos prendidos de artigo. O lugar «a onde» exprésase en latín coa preposición «in», en galego temos case sempre «en», en castelán teñen «a». Exemplo: «pergere en Compostellam», ir en Santiago, ir a Santiago. Por outro lado, o falante galego personifica, anima a natureza, especialmente os lugares, aldeas... Esa transformación esixe o artigo anteposto. A resultante é un monosílabo que suaviza a preposición «en» (implosiva) e témo-la síntese: Vai no Val do Dubra, na Fonsagrada, na Coruña. Todo dacordo coa harmonía do galego, que fuxe de todo o ferinte. Así, na conxugación do verbo temos palabras graves ou chans, como no latín materno; mentres que no castelán xurden esdrúxulos: andábamos, andabamos.
XOSÉ PUMAR GÁNDARA