Centros do ensino, institucións e colectivos organizan numerosas actividades para sumarse á homenaxe a Frei Martín Sarmiento A Mariña non se queda á marxe das celebracións que se adoitan a facer co gallo do Día das Letras Galegas. Centros de ensino, asociacións, concellos e diversas entidades organizan actividades para sumarse a esta festa da palabra. A oferta é variada: desde festivais a exposicións, representacións teatrais ou mesmo agasallos, como é o caso da Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que obsequia con flores e marcapáxinas ós que merquen nestes días textos en galego.
REDACCIÓN