Adolfo Domínguez Fernández, presidente e principal accionista de Adolfo Domínguez Adolfo Domínguez cumpre un ano dende a opa hostil lanzada por Cortefiel e rexeitada pola maioría dos accionistas da empresa. Un ano despois, Adolfo Domínguez Fernández, o presidente e principal accionista da compañía, reapareceu o martes publicamente en Ourense para render contas á xunta de accionistas. «Nunca estás libre dunha opa hostil», dice agora, a pesar de controlar máis do 50% do capital. Tranquilo, elegantemente vestido de Adolfo Domínguez de arriba a abaixo e sen unha soa arruga, o modisto ourensán non só supera agora a rendibilidade de Cortefiel senón que aspira a un crecemento «explosivo».
MANUEL V. SOLA