10 jun 2001
A procesión profana de Xan de Arzúa deu vida á historia na vila de Allariz
Unha comitiva formada por foleiros, párrocos, a xustiza, o boi e os gremios lembraron a Idade Media Onte a figura de Xan de Arzúa foi a verdadeira protagonista na Festa do Boi de Allariz. Arredor das sete e media da tarde, todo estaba preparado para que a representación do fidalgo alaricán saíse da Praza do Eiró para iniciar a procesión profana. Gaiteiros, o boi con pelele e sedeño, catro párrocos, os gremios, a Tarasca e o carro da purrela foron os seus acompañantes.
REDACCIÓN