29 may 2000
«Foi máis duro do que pensaba»
MAR GIL ENTREVISTA José Antonio Paz Suárez, maratoniano e gañador da terceira edición da Andaina de Allariz José Antonio Paz está afeito a contar o tempo investido en conseguir unha victoria. O sábado, nembargantes, o seu éxito mediuse en tempo sobrante. O atleta do Clube Academia Postal percorreu os cincoenta quilómetros da «III Andaina de Allariz» e aínda lle sobraron sete horas, catorce minutos e 54 segundos.