O certame, que ofrece os fondos de vintetrés empresas, estará aberto ata o día 1 de xullo A meirande oferta editorial galega reunida nunha librería temática de 250 metros cuadrados. É o Salón do Libro Galego, promovido pola Asociación Galega de Editores (AGE), que chega a Compostela despois de ter recorrido cun grande éxito de ventas e de público Vigo, Ourense, Lugo e Ferrol, e antes de ir a Pontevedra e a A Coruña, onde remata a itinerancia estival. Os 23 editores asociados aportan sete mil volumes dos seus fondos e costean o certame, pero a xestión foille encomendada á librería Couceiro.
CONCHA PINO