Vintesete novos artistas experimentan co seu corpo a enerxía creadora no CGAC
Marina Abramovic pechou o taller de «performances» que impartiu nunha casa de Antas de Ulla O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu onte unha actividade especialmente vital e creativa co remate do taller impartido por Marina Abramovic durante sete días nunha casa de Antas de Ulla. As 28 persoas que tomaron parte na experiencia creativa «Limpando a casa» expresaron o resultado dun proceso de limpeza ou depuración do corpo, da mente e do espírito para renovar a enerxía interior e a capacidad de crear sen máis elementos que o propio corpo. E fixérono. O numeroso público quedou impactado, sobre todo cando se viu implicado en algunhas accións, sorprendido e, en xeral, encantando.
CONCHA PINO