28 may 2002
Unha exposición cerrou en Quiroga un obradoiro artístico para a terceira idade
Ascensión Yeguas, delegada de Asuntos Sociais, entregou os diplomas a unha trintena de participantes A delegada de Asuntos Sociais, Ascensión Yeguas, entregou onte en Quiroga os diplomas do curso «O sentir dos anos», unha iniciativa dirixida á terceira idade que se desenvolveu unicamente neste municipio e en Lugo. Cerca de trinta alumnos asistiron a unha serie de obradoiros de pintura e literatura que tiñan por obxectivo manter e fomentar as facultades mentais e a inserción social das persoas maiores a través dos estímulos culturais. No acto inaugurouse unha exposición de traballos feitos durante o curso.