Ricardo Polín, estudioso da obra de escritores chairegos e profesor de galego no IES Basanta Silva de Vilalba Ricardo Polín disertou onte na sociedade Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, e ante un numeroso público, sobre a voz dos poetas chairegos. Na súa introducción destacou a importancia deste acto celebrado no marco do Día das Letras Chairegas, despois de que a Unesco emitise un informe «pouco halagüeño» sobre o galego. O ponente comparte a preocupación deste órgano internacional, xa que entende que existe un serio risco de desaparecer. Este estudioso da obra de escritores da Terra Cha está a piques de publicar unha edición crítica sobre Crecente Vega, coa súa obra inédita, e outro traballo sobre Francisco de Fientosa.