Unha feira do libro, unha conferencia, música e baile forman o programa elaborado polo Concello O Concello do Grove xa ten perfilados os actos cos que celebrará o vindeiro 17 de maio. O Día das Letras chegará á península meca en forma de feira de libros, de conferencias, de bailes e de festivais infantiles. Todos eses actos desenvolveránse no triángulo formado pola Praza de Arriba, o edificio da Confraría San Martiño, e a plaza do Corgo. Entre mentras, os veciños do Grove poden disfrutar -de hoxe e ata o vindeiro día 10- da exposición Frei Martín Sarmiento instalada na casa da cultura. O mesmo día 17, o escritor Clodio González Pérez falará do autor homenaxeado, do Grove, e da lenda do Meco.