O grupo de Ribeira conseguiu que o auditorio se quedara pequeno, xa que algúns espectadores tiveron que ficar de pé A compañía de teatro de Ribeira colleitou un éxito rotundo na noite do mércores. A obra, titulada «O segredo das mulleres», é unha comedia na que un personaxe conta a historia da súa vida, ó longo da cal tenta descubrir cal é o segredo que gardan as mulleres para poder dominar ós homes. O auditorio municipal encheuse aínda máis que nas ocasións anteriores. Antes das nove, hora de comezo da representación, xa non quedaban butacas libres. Houbo que colocar máis cadeiras para que a xente, que seguía chegando, puidese sentarse. Ó final, uns poucos tiveron que ficar de pé, entres que outros optaron por sentar no chan.
MODESTO DEL RÍO