Susana Seivane, gaiteira Susana Seivane é das persoas que realizan o seu traballo dun xeito minucioso e sen perder nunca o estilo, «aquelo polo que quero que me reconozan». A gaiteira, con orixes familiares en Ribeira de Piquín, está a presentar o seu disco, «Alma de buxo». Os temas teñen un claro acento persoal, familiar, íntimo e sobre todo galego, «a mellor fonte de inspiración». De novo volveu a rodearse de grandes músicos e amigos para amosar un disco feito dende a modernidade e á vez o gusto polo buxo, polos vellos gaiteiros.
X.LOMBARDERO
/
S.VARELA