26 sep 2001
«Os meus lectores deben estar dispostos a asumir certos riscos»
ROSA VILLAR A ENTREVISTA Antom Fortes, poeta sarriao, autor do libro «Sexto fetiche» O libro «Sexto fetiche», segunda obra do poeta sarriao Antom Fortes, será presentado mañá na galería Sargadelos. Catedrático de lingua e literatura galegas no instituto Sanxillao de Lugo, Fortes continúa a carreira literaria iniciada con «Figuras masculinas de meio-corpo». O erotismo e a ortografía reintegracionista están tamén presentes nesta nova obra. O poeta recomenda ós seus lectores «deixarse levar polo texto para captar a musicalidade», advertíndolles que deben «asumir certos riscos».