12 sep 2001
O CGAC expón en dous espacios as últimas adquisicións da Fundación Arco
As catorce pezas doutros tantos artistas forman parte da colección que ten en depósito o centro compostelano A arte de creadores periféricos nuclea a exposición das últimas adquisicións da Fundación Arco que se abriu ó público o martes en dúas salas do Centro Galego de Arte Contemporánea. Son catorce obras, entre fotografías, pintura e unha escultura, que se suman as 126 que compoñen a colección de arte contemporánea desta fundación estatal. Este importante fondo, no que hai pezas de artistas como Saura, Tápies, Mario Mez, Boltanski e Juan Múñoz, está depositado enteiramente no CGAC dende 1996.
C.P.