A Compostela sacra ábrese ó público
San Miguel dos Agros sumouse ás igrexas do casco vello con coleccións visitables, e San Martiño inaugurou nova sala A Compostela sacra abriuse ó público máis aló do culto. Os templos dispoñen de horario de visitas para amosar arquitectura, retablos, imaxes, obxectos de orfebrería e ornamentos. A igrexa de San Miguel dos Agros sumouse ó percorrido de museos e coleccións visitables intramuros da cidade, e San Martiño Pinario engade un novo espacio expositivo. A Consellería de Cultura, artífice da restauración das pezas e dos conxuntos monumentais da Igrexa editou, ademais da guía de San Miguel, a relativa ó Pazo de Xelmírez, o edificio civil máis importante do Románico español, e unha que compendia os itinerarios da Compostela Xacobea
CONCHA PINO