04 jun 2001
O Salón do Libro convirte a Praza Maior nun gran escaparate das letras galegas
Ata o domingo, os lugueses poderán consultar e mercar catro mil títulos, cun dez por cento de desconto A partir de hoxe, a Praza Maior convírtese nun escaparate privilexiado para a literatura galega. Ata o domingo celébrase ó terceiro Salón do Libro, que achega catro mil títulos ós lugueses, cun dez por cento de desconto. O salón, que intenta complementar e non competir coas feiras do libro, tamén programou actos de animación á lectura e encontros cos autores.
REDACCIÓN