Trescentos escolares de Rianxo participaron nunha competición promovida polos equipos de normalización lingüística Preto de trescentos rapaces dos colexios rurais agrupados, de Rianxo, e do centro Ana María Diéguez, de Asados, participaron onte na primeira edición da Carreira pola Lingua, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A competición, na que colaboraron o Concello e varias firmas, tivo como escenario o Campo Maneiro, en Taragoña. Tamén no instituto ribeirense Leliadoura están inmersos na programación de actos culturais, que proseguen hoxe cunha charla sobre a recuperación da lingua galega. Para os preescolares da Pobra, a compañía teatro Buratini ofrece pola mañá unha representación no auditorio.
A.H.
/
J.M.S.