14 may 2001
O CDG representa desde hoxe a súa montaxe «A cacatúa verde» en Ourense
O director Eduardo Alonso adica a peza ó seu bisavó, o poeta Eladio Rodríguez González O Teatro Principal de Ourense acolle desde hoxe, e os días 16 e 17, a última montaxe do Centro Dramático Galego, a obra «A cacatúa verde». Baseada nun orixinal do escritor austríaco Arthur Schnitzler (Viena, 1862-1931) a montaxe faise sobre un texto adaptado por Manuel Guede e Eduardo Alonso, que é o director deste espectáculo. A montaxe do CDG foi presentada onte na delegación de Cultura polo director, o xerente do IGAEM, Anibal Otero, o delegado de Cultura e a actriz Belén Constenla.