Alumnos e representantes de colexios e institutos da provincia recolleron os premios da campaña de normalización lingüística da Xunta O salón de actos do Conservatorio de Música de Ourense reuniu onte a máis de trescentos alumnos de tódala provincia, máis profesores, directores de centro e familiares, nunha convocatoria que tiña por obxectivo facer entrega dos premios correspondentes á campaña de normalización lingüística da Xunta, «Entre nós, en galego». Sete rapaces, dous colexios e un instituto recibiron os primeiros galardóns, aínda que os xurados das catro categorías tamén distinguiron a outros moitos traballos con segundos e terceiros premios. A resposta á campaña foi masiva coa participación de preto de 5.000 alumnos ourensáns.
A. C.