Manuel Lourenzo, premio Pedrón de Ouro Hai plantas que para medrar precisan dun «rodrigón», dun apoio forte o que irse agarrando. O teatro galego das últimas décadas ten algúns nomes, moi pouquiños, que serviron de «rodrigóns», de soporte para sobrevivir; un deses nomes é, sen dúbida, o de Manuel Lourenzo, actor, director, autor e mestre de actores, que vén de acadar o Pedrón de Ouro. Manuel Lourenzo (Ferreira de Valadouro, 1943) recibe o Pedrón de Ouro «con alegría e con sorpresa porque este é un premio con moito prestixio que non adoita mirar ó mundo do teatro».
R. GARCÍA