10 may 2002
O arquivo fotográfico de Pacheco ten garantida a súa existencia en Internet
A Fundación Caixa Galicia e o Concello de Vigo asinaron onte un convenio de colaboración cultural A conservación e difusión do arquivo Pacheco, diversos programas de música clasica ou a sinalización do patrimonio arquitectónico de Vigo son algunhas das accións inmediatas que o Concello de Vigo porá en práctica mercede o convenio de colaboración en materia cultural que onte asinaron José Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia, e Carlos González Príncipe, concelleiro de Cultura. Ó traveso da súa Fundación, a entidade financieira aportará un 38% do presuposto asignado a estos proxectos cultuais.