16 ene 2002
«Hai unha necesidade urxente de tomar medidas para recupera-los caladoiros»
MAICA SIMÓN A ENTREVISTA José Loira Rúa, ex-secretario xeral de Pesca Marítima do Ministerio José Loira Rúa, ex-secretario xeral Pesca Marítima do ministerio, é un dos participantes na mesa redonda sobre recuperación de caladoiros, que se celebrará no seo dos Encontros Pesqueiros de Camariñas. Loira denuncia o mal estado dos recursos mariños -«hai unha necesidade urxente de tomar medidas para recupera-los recursos», dí- e aposta pola implicación de científicos, autoridades e mariñeiros.