TEMA Carlos Casares

Últimos artículos publicados

20 dic 2001

O Consello da Cultura Galega editará a obra completa de Martín Sarmiento

O proxecto é posible porque a Casa de Medina Sidonia accedeu a que dixitalizasen a copia dos manuscritos O Consello da Cultura Galega pon en marcha o proxecto de edición das obras completas do Pai Sarmiento, o erudito e intelectual do século XVIII ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2002. Logo de moitos intentos, a Casa de Medina Sidonia deixou dixitalizar máis de 20.000 páxinas dos quince tomos coa transcrición dos manuscritos de Martín Sarmiento que conserva no arquivo de Sanlúcar de Barrameda, a meirande parte inéditos. Os outros tres volumes da colección son do Museo de Pontevedra.

C.P.