TEMA Carlos Casares

Últimos artículos publicados

07 jul 2001

TVG estrea esta noite a docuserie «A memoria cotiá»

Voces anónimas de toda Galicia expresan os seus recordos e vivencias vitais Un relato documental contemplado subxectivamente, desde a propia voz das testemuñas anónimas que irán expresando recordos e vivencias vitais da súa vida e que son reflexo dos cambios xeracionais que se producen na sociedade. Así é a estructura do novo programa que estrea esta noite Televisión de Galicia (21.30 horas), unha docuserie que leva por título «A memoria cotiá».

REDACCIÓN

08 jun 2001

O Arquivo Sonoro recolle a palabra dos poetas e narradores galegos na súa voz

O Consello da Cultura editou o primeiro libro e dous CD dun proxecto documental con continuidade A voz dos poetas e narradores galegos quedará para sempre como testemuña viva. O Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega editou un primeiro libro e dous CD que recollen poemas e textos de 31 autores. A lingüísta e escritora Luisa Castro, coordenadora do proxecto, suliñou na presentación que non seguiu un criterio xeracional nin academicista. Optou pola heteroxeneidade, tanto nas idades como no estilo e os temas. No mesmo acto, Alfonso Monxardín deulle o relevo a Paulino Novo como secretario do Arquivo.

C.P.

07 jun 2001

O congreso sobre Ramón Cabanillas incide na dimensión social do poeta

As diversas facetas da obra do cambadés foron analizadas polo miúdo por distintos lingüistas As distintas facetas do «poeta da raza» recibiron unha cumprida análise no primeiro día das Xornadas sobre Cabanillas que se clausuran hoxe nos locais de Exposalnés (Cambados). O labor literario do poeta e a súa importancia á hora de conformar unha lingua galega literaria foron tema de disertación, do mesmo xeito que o carácter social e reivindicativo do seu traballo, sempre pegado ás preocupacións dos traballadores do campo e do mar. A súa faceta como dramaturgo, menos abondosa en canto a número de obras que a poética, foi analizada por profesionais do teatro como Isabel Rey e Marcelino de Santiago.

07 jun 2001

Popularizando a don Ramón

O ministro voceiro, Pío Cabanillas, e o presidente da Xunta, Manuel Fraga, participaron nas xornadas Cun perfecto galego, o voceiro do Goberno Español, Pío Cabanillas lembrou a figura do seu tio avó, Ramón Cabanillas, «a quen nunca tiven a sorte de coñecer». O Ministro adicou o seu discurso a lembrar a figura do poeta cambadés como un home do que «non deixa de sorprenderme o xeito co que axusta a súa linguaxe a cada época pola que atravesaba, para manter sempre as súas ideas». A súa aparición cambiou o ambiente dun congreso no que estivo presente dende o conselleiro de Xustiza, Antonio Pillado, ata o presidente do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, sen esquecer ó presidente da Xunta, Manuel Fraga.

07 jun 2001

Un cento de intelectuais renden homenaxe á figura de Manuel María

Xermolos recopila nun libro ensaios, artigos, e poesías sobre o poeta chairego Aínda que é considerado o poeta da Terra Cha, a obra de Manuel María trascendeu a paixón pola paisaxe natal e se preocupou por Galicia dun xeito global. Por eso non é de estrañar que un cento de persoas do ámbito da creación galega colaborase nun volume que á vez é estudio e homenaxe ó escritor chairego. Editado pola asociación cultural Xermolos de Guitiriz, o libro supera as setecentas páxinas, nas que se analizan a vida e a obra de Manuel María, ademais de recopilar poemas, debuxos e fotografías.

XESÚS FRAGA