«O idioma galego non desaparecerá na vindeira década, pero terá problemas»
Carlos Casares Mouriño, presidente da ponencia Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010 Carlos Casares Mouriño é un vendedor de historias, herdeiro dos contacontos, daqueles que falaban nas sobremesas e nas lareiras nas longas noites de inverno. Ten unha actividade febril, aínda que transmite unha sensación de home pausado e que sabe ben o que quere e que está decidido a acadalo. Agora preside a ponencia Lingua e Cultura do Proxecto Galicia 2010, auspiciado por Caixa Galicia, Banco Pastor e Caixanova. Di sen complexos que non é partidario de ningunha imposición da lingua, e advirte que «o galego non desaparecerá na vindeira década, pero terá algúns problemas».
CRISTÓBAL RAMÍREZ