25 sep 2001
A perda do futuro marcou a división entre os exiliados e os emigrantes
A literatura, o xornalismo e o audiovisual na Galicia exterior centrou onte o congreso de Compostela Os exiliados perderon o futuro, non lograron volver a súa Itaca. Esa é a gran diferencia co emigrante, como suliñou Gregorio Ferreiro no congreso sobre o exilio galego ó fío dun relatorio sobre a traxectoria de Otero Espasandín. A literatura compartiu protagonismo co xornalismo e o audiovisual no exilio na segunda xornada do encontro que acolle Compostela. Entre as ponencias e comunicacións que se expuxeron e debateron sairon historias de compromiso e dolor de persoas anónimas e de figuras relevantes.
CONCHA PINO