12 ene 2001
Sargadelos crea un emblemático centro cultural no seu edificio da rúa Nova
O inmueble vai ser reformado para albergar distintos equipamentos nas tres plantas A galería Sargadelos transformarase nun centro cultural de tres plantas. A concelleira delegada para o Casco Vello, Encarna Otero, anunciou onte que o edificio xa ten a licencia para que os donos, o complexo industrial Sargadelos, poidan acometer as obras de remodelación do edificio da rúa Nova 16, que foi adquirido hai algún tempo. Un dos equipamentos que terá será unha biblioteca pública cos fondos da Asociación Galega de Editores, sala de exposicións, galería de arte e un café para ler e escoitar música.
REDACCIÓN