Eduardo Vázquez Vidal, profesor do instituto de Ferrol Vello Son corenta anos no ensino. E el di, case de mellor gana, «corenta cursos». Cousas da profesión. Eduardo deixa, en Ferrol Vello, o que para el nunca foi un traballo máis ao que acudir cada día, senón unha vocación da alma, un impulso de corazón. Aínda non se foi ¿a homenaxe de despedida é mañá¿ e xa está a botar o colexio de menos. Anda triste, e iso nótaselle. Cómo non se lle vai notar.