MAICA SIMÓN
A ENTREVISTA
Manuel Lamela Lestón, alcalde de Cee, que presentó la dimisión antes de ser censurado Manuel Lamela atravesa un dos momentos máis difíciles da súa carreira política a pesar de que asegura estar «moi tranquilo». Ten no seu haber catorce anos ó frente da alcaldía de Cee, un posto que agora deixa voluntariamente, pero obrigado polas circunstancias. O seu golpe de efecto, demitir antes de que se presentase a moción, pero mantendo o segredo, complica os trámites que se deben seguir agora. Lamela Lestón defende que a censura non está xustificada e di que «os independentes activaron a moción». Afirma que marcha porque «é o máis normal», unha vez que hai outros dous grupos que alcanzaron a maioría.