O poeta ceense Rafa Villar edita unha obra en disquetes e xa ten outra en Internet Malia á desaparición do Batallón Literario da Costa da Morte, a letra impresa de construcción literaria ten boa vida na bisbarra. Boa, e ata novidosa. Por unha banda, o poeta de Cee volve a sorprender e en breve editará unhas das súas obras en disquetes de ordenador. É, asimismo, o único autor da zona que ten publicado un libro en Internet, ademais dunha páxina propia. E, en Bergantiños, no Centro Comarcal, a escritora Paz Puente vai impartir un obradoiro de creación literaria desde o 2 de setembro.
REDACCIÓN