Paco Martín, escritor Ramón Lamote. De profesión, ensinante de chairego e debuxante de soños. E protagonista absoluto dun libro de contos, por virtude do bo quefacer de Paco Martín. Ramón Lamote. Un home cheo de imaxinación e fantasía, dúas cualidades que o escritor lugués cre imprescindibles nesta vida, e que cómpre potenciar. Como el di, fantasía e realidade non son como o branco e o negro, e moitas veces, onde menos o agarda un, alí está a maxia do inesperado. E o pequeno, o miúdo, non ten por qué ser unha traba.
XESÚS FRAGA