Manuel María, o poeta da Terra Cha, xa ten a editada a súa producción literaria completa O seu nome universal é Manuel María. Para Saleta, a súa musa e muller, é O Manuel. O seu nome completo é Manuel María Fernández Teijeiro; nado en Outeiro de Rei hai 71 anos. Viviu algúns en Lugo e moitos en Monforte, onde foi procurador dos tribunais, editor e libreiro. Agora disfruta dunha vellez tranquila na cidade da Coruña, entregado ás tertulias, ós paseos e á lectura. Di que xa non escribe, porque á súa idade prefire envellecer con dignidade. E ten razón, porque con preto de cen obras publicadas de poesía, prosa e teatro, e con miles de artigos escritos para os xornais galegos, xa pode parafrasear a Cela: ninguén me pode chamar preguiceiro. E ademáis, agora xa ten a súa obra completa publicada, e a Deputación mandouna a tódolos colexios da provincia.
MIGUEL CABANA