02 ene 2002
«Queremos dignificar o servicio doméstico creando profesionais»
CHRISTIAN CASARES A ENTREVISTA Marijé Díaz, directora de Alar Galicia e organizadora do obradoiro de emprego «Traballo no fogar» Marijé Díaz é unha das responsables de que dezaseis mulleres de Lugo reciban dende onte formación específica destinada a crear profesionais do traballo no fogar. O obradoiro de emprego organizado pola consellería de Muller, Familia, Xuventude e Promoción do Emprego e o colectivo Alar Galicia pretende «dignificar o traballo no servicio doméstico creando profesionais do sector», asegura Marijé Díaz.