07 jun 2001
Xerardo Quintiá estrease como poeta cun libro cheo de músicas e natureza
O proxecto editorial independente Do4 publica o poemario «ailalalalelo de auga» Poesía ou música. As fronteiras entre o literario e o sonoro desdibúxanse na estrea como poeta de Xerardo Quintiá, que vén de publicar o seu primeiro poemario, «ailalalalelo de auga». Coñecido xa como narrador, Quintiá constrúe neste libro unha realidade poética que pon en conexión un territorio xa explorado nos seus contos, o rural e a infancia, cos sentimentos líricos e viscerais que agroman da natureza. O libro está editado por un novo proxecto indepentende, Do4, do que se agardan novas entregas.
REDACCIÓN