Carnota, Mazaricos, Outes e Muros teñen as maiores concentracións de radón da zona
A Universidade de Santiago realizará un estudio na área barbanzana sobre a exposición dos veciños ó gas radiactivo nas vivendas A área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago levará a cabo en Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo, O Son, Noia e Muros un estudio para a elaboración do mapa de contaminación por radón nos domicilios. Un traballo similar feito hai uns anos puxo de manifesto que os concellos da área sanitaria de Santiago, entre eles Mazaricos, Outes, Carnota e Muros, presentan as maiores medias da provincia de concentración deste gas nobre e radiactivo que constitúe un factor de risco do cancro broncopulmonar. Nas casas de Barbanza elexidas para a investigación colocaranse uns detectores durante cinco meses.
ANA G. V.