09 abr 2002
O Consello da Cultura Galega elixirá ó seu novo presidente o vindeiro día 17
A candidatura de Alfonso Zulueta conta con firmes apoios para a transición aberta co pasamento de Casares O sucesor de Carlos Casares á fronte do Consello da Cultura Galega será elixido o próximo día 17 nun pleno extraordinario. Tódalas fontes apuntan que o novo presidente do Consello será o vicepresidente primeiro e presidente en funcións, Alfonso Zulueta de Haz, porque entre os vintecinco compoñentes do plenario prevalece a postura de buscar unha solución transitoria tralo sorpresivo falecemento de Casares. A posibilidade dun candidato alleo ó organismo existe, pero parece descartada, cando menos polo de agora.
CONCHA PINO