06 abr 2002
O programa Ponte nas Ondas lembrará este ano á figura de Carlos Casares
Un total de 50 colexios de Galicia, Portugal, África, Cuba, Brasil e Arxentina participarán nesta edición O programa de radio interescolar Ponte nas Ondas cumplirá o vindeiro día 19 de abril o seu oitavo aniversario. Catorce horas de emisión ininterrumpidas nas que os alumnos dos 50 colexios participantes desenvolverán unha variada programación en torno ó tema da Unesco «O patrimonio inmaterial intanxible». A xornada estará adicada especialmente a Carlos Casares, que ía prestar o seu apoio a este e a outros proxectos educativos dos organizadores da experiencia de Ponte nas Ondas.