06 jun 2002
A Casa da Xuventude tudense amplía a oferta cunha coral de música moderna
O único requisito para formar parte é ter interés por participar nun proxecto musical xove A iniciativa da Casa da Xuventude de Tui e do director e compositor, Mario Grimaldos, a entidade promove a creación dunha coral polifónica de música moderna. O Centro que continúa prestando os seus habituais servicios de formación, información e tempo libre ós máis xoves, aposta tamén pola constitución dun grupo de teatro. Ademáis hoxe, en Área Panorámica, inauguráse a mostra «Luz e Cor» protagonizada por 37 artistas pertencentes á Asociación Artístico Cultural de Pontevedra.