05 feb 2001
Os pais do colexio Aurora del Porvenir piden o apoio de todo o pobo de Tomiño
O informe emitido pola unidade técnica da Consellería confirma a precariedade das instalacións educativas A Consellería de Educación ordenou a semana pasada o feche das aulas da antiga escola de Tomiño Aurora del Porvenir. O informe elaborado polos técnicos revelou o perigoso estado das instalacións nas que ata esta semana se viña desenvolvendo a actividade educativa. Os oito alumnos cos que actualmente contaba o Centro terán que ser trasladados ó colexio de Seixo. Os pais, que non aceptan esta decisión, convocan hoxe a tódolos veciños a unha asamblea para impedir que o colexio morra.